Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44838

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra de saneamento na Venda do Río e Abeledo, no concello de Taboadela (expediente 87/POS/2016).

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de saneamento na Venda do Río e Abeledo (87/POS/2016), no concello de Taboadela, cun tipo de licitación de 85.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria a que se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente 988 31 75 48 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 16 de setembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense