Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento declarativo de reintegro dunha axuda socioeconómica de prima non renovable.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado; o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, en ambos os dous casos contado desde a data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Papa Modiane Faye.

NIF: X9515539W.

Número de expediente SXPA: PE113D 2012/101-0.

Acto de notificación: resolución do procedemento declarativo de reintegro de data 5 de xullo de 2016, ditado pola conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da axuda socioeconómica de prima non renovable concedida no ano 2014

Último enderezo coñecido: Alcalde Lens, nº 13, 15010 A Coruña.