Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente SAN-CO-015/2016-MV e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 15 de setembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAN-CO-015/2016-MV.

Denunciada: Josefa Lojo Somoza.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-CO-040/2016-BA.

Denunciado: Enrique José Laranga Pouso.

Acto de notificación: incoación.