Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante o ano 2016; proposta 42/16-I (expediente 31/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante o ano 2016 (proposta 42/16-I).

a) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31169

b) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 25 de xuño de 2016; BOE do 4 de xullo de 2016 e DOG nº 133, do 17 de xullo de 2016.

c) División por lotes e número: si; lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes; lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 857.775,90 € (exento de IVE).

Valor estimado: 1.679.729,50 € (incluídas posibles ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

a) Data da resolución de adxudicación: 31 de agosto de 2016.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L.-Inaer Helicópteros, S.A.U.-Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 676.185,00 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 5 de setembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

a) Data da resolución de adxudicación: 31 de agosto de 2016.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L.-Inaer Helicópteros, S.A.U.-Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 178.730 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 5 de setembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural