Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publica a formalización do contrato do servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia.

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu publicar a formalización da contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 101, do 30 de maio de 2016.

d) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26986

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia.

b) Nº de expediente: PA 1/2016.

c) Prazo de execución: un ano.

d) Admisión de prórroga: si. Máximo de catro meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 148.760,33 euros, máis 31.239,67 euros en concepto de IVE. Importe total: 180.000 euros.

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 2 de agosto de 2016.

b) Data de formalización: 4 de agosto de 2016.

c) Contratista: Idom Ingeniería y Consultoría, S.A.U.

d) Importe de formalización: 165.600 € (IVE incluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta admitida, cumprindo os requisitos exixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios