Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, do contrato de obra de rehabilitación de edificio para dúas vivendas de promoción pública en Ourense (expediente OU-2008/NR02).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación de edificio para dúas vivendas de promoción pública na Rúa do Vilar, nº 1, en Ourense.

b) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: trescentos sesenta e nove mil cincocentos corenta e tres euros con oitenta e un céntimos (369.543,81 €), IVE excluído.

b) IVE (10%): trinta e seis mil novecentos cincuenta e catro euros con trinta e oito céntimos (36.954,38 €).

c) Importe total: catrocentos seis mil catrocentos noventa e oito euros con dezanove céntimos (406.498,19 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría 3.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que se deberá rexer a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=61251

Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo