Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de setembro de 2016 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a ditada no procedemento administrativo sancionador 13-17-16-21.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á denunciada, Mª del Carmen Dios Reboiras, con último domicilio coñecido na avenida de Lugo, núm. 11 E, 36940 Cangas (Pontevedra), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 29 de xullo de 2016 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 3 de maio de 2016 ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 13-17-16-21.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A citada resolución, que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, situados no polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5A-6º (Santiago de Compostela).

O importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o pagamento no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia