Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación do expediente de modificación do plan parcial estrada de Lugo, SUE-4 do Plan xeral de ordenación municipal.

Mediante delegación outorgada pola Alcaldía polo Decreto do 11 de xuño de 2011, a Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, na sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2014, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación do plan parcial SUE-4, estrada de Lugo, de iniciativa particular, e abriu o prazo dun mes de información pública mediante anuncio no DOG núm. 24, do 6 de febreiro de 2015. No referido período só se presentou unha alegación, a cal, por Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 18 de maio de 2016, e corrixida na sesión que tivo lugar o día 30 de maio de 2016, foi estimada parcialmente no sentido de que cómpre modificar de xeito parcial o Acordo de aprobación inicial adoptado pola Xunta de Goberno Local o 29 de decembro de 2014, non modificando as súas determinacións nin o seu contido normativo, pero si incorporando ao expediente a relación de donos e propietarios catastrais e modificando, polo tanto, o contido formal do dito expediente.

Segundo o disposto no artigo 75.1.c), en relación coa letra a) do mesmo artigo da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos da presentación das alegacións que se consideren oportunas, sométese a modificación do expediente a un novo trámite de información pública polo prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. O expediente poderá ser consultado na Secretaría Xeral do Concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas. Así mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Lalín, 6 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 29.6.2015; BOP núm. 142, do 27 de xullo)
Nicolás González Casares
Concelleiro delegado de Urbanismo