Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 25 de agosto de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea García I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea García I e da concesión administrativa que lo ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 31 de maio de 2016, Manuel García Lorenzo e Isaura Agrelo Martínez solicitan autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea García I.

Segundo. Os interesados presentaron a documentación requirida para la tramitación neste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogados ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Víctor Manuel García Agrelo (76777870Y) 1/2 privativo e Santiago García Agrelo (52939590F) 1/2 privativo da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: García I.

Lozalización:

Cuadrícula nº: 142.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mejillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 19.4.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: Manuel García Lorenzo e Isaura Agrelo Martínez (35385462P-76466691V) 100 % gananciais.

Novos titulares: Víctor Manuel García Agrelo (76777870Y) 1/2 privativo e Santiago García Agrelo (52939590F) 1/2 privativo.

Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 25 de agosto de 2016

A Conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña