Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44306

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas efectuadas polas entidades colaboradoras desta consellería para a realización de actividades de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2016.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 175, do 14 de setembro de 2016, cómpre realizar as seguintes correccións:

Un. No artigo 3. Descrición do tipo de accións formativas, punto 1, onde di: «As accións formativas que se executarán serán actividades de formación continua en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, dirixidas, en especial, á mocidade e mulleres do medio rural», debe dicir: «As accións formativas que se executarán serán actividades de formación continua, na modalidade presencial, en materia de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, dirixidas, en especial, á mocidade e mulleres do medio rural».

Dous. Por erro non se publicaron os anexos IV, V, VI e VII, polo que se publican a continuación.

Esta corrección de erros non implica modificación dos prazos establecidos na convocatoria.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file