Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no núcleo de Gandarío, concello de Bergondo (expediente 2016AAE1910, código 1816/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 29 de agosto de 2016, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no núcleo de Gandarío, concello de Bergondo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental