Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dun contrato de obra.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de reforma e ampliación do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra (fase 2), expediente ED 9/16-O.

1.1. Adxudicataria: UTE Prado Lameiro, S.L.-Actividades, Construcciones y Valaduras, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 231.900,00 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 30 de agosto de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 9 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria