Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2016/254-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT San Cibrao II.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas:

LMT aerosubterránea a 20 kV de 1.205 m en aéreo, con condutor LA 56/54,6 mm2 e 24 m en subterráneo con condutor RHZ1 12/20 kV-3×240 Al; con orixe na LMT SCV804 CT1 Rairo 4 na Farixa e remate na cela de liña do CT proxectado San Cibrao II de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea de 30 m con condutor XZ1 derivada do CT proxectado San Cibrao II. Orzamento: 212.193,44 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de setembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense