De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente de axuda OU/2015/0067.
O acto foi adoptado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016
Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: OU/2015/0067.
Interesado: Serafín González González.
Acto de notificación: resolución de denegación de axuda.
Último domicilio coñecido: A Quinta, 7, 32786 Chandrexa de Queixa, Ourense.