De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de agosto de 2016, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal para a creación dunha bolsa de solo urbanizable no lugar da Veiga de San Pedro, Carballa, concello de Barreiros.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental