Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 7 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución da procedencia de reintegro da axuda á contratación indefinida inicial, regulada na Orde do 6 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto), relativa ao expediente TR349A 2012/69-2.

Intentada a notificación do acordo ditado pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 7 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2012/69-2.

Nome: Judit Fernández Rodríguez.

DNI/NIF: 33538077Y.

Último enderezo coñecido: Sect. Músicos, 26, 6º dta., Tres Cantos, 28760 Madrid.

Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial (programa CONII).

Orde reguladora: Orde do 6 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de tres anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, do anexo I da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 28 de xullo do 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.