De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 23 de agosto de 2016, sobre a modificación puntual nº 17 das normas subsidiarias municipais para a regulación das aliñacións públicas municipais en solo de núcleo rural e en solo urbano MIR, concello de Vilanova de Arousa.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental