De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de agosto de 2016, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na parcela onde se sitúan as instalacións da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L., concello do Porriño.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental