Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44010

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Arias Montenegro, Antonio

79026514D

Libre

17, 20, 58

Fernández Lorenzo, María Asunción

34983177Q

Libre

17, 20, 58

Seoane Bouzas, Miguel

47376708C

Libre

17, 20, 58

Tomé García, Marta

44825164G

Libre

16

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado