Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016204AL-PO, por infración en materia sanitaria.

Con data do 8 de agosto de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador núm. 2016204AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Alejandro Gil Silva, con DNI 44093821S, como titular do establecemento Bodegón de Alex.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, se notifica a Alejandro Gil Silva o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 24 de agosto de 2016

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016204AL-PO.

Denunciado: Alejandro Gil Silva, con DNI 44093821S.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Aller, 6, 36500 Lalín.

Feito imputado: infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Preceptos infrinxidos:

– Capítulo XII do anexo II: os operadores de empresa alimentaria deberán garantir a supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: cento cincuenta euros (150 €).