Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016 pola que se anuncia o levantamento da suspensión acordada polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais no expediente 2016/CSEA1/000002.

O día 29 de xullo de 2016, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais (TACRC) deu traslado á Universidade de Santiago de Compostela (USC) da resolución de concesión da medida provisional solicitada pola empresa Signe, S.A. no recurso especial en materia de contratación, presentado contra os pregos que rexen na licitación do contrato de servizos de expedición dos títulos oficiais e dos suplementos europeos ao título dos alumnos da USC, publicado no Diario Oficial de Galicia o 9 de febreiro de 2016 e corrixido posteriormente o 21 de xuño de 2016 e o 20 de xullo de 2016.

O día 29 de xullo de 2016, o órgano de contratación administrativa da USC resolveu suspender o procedemento de contratación do servizo de expedición dos títulos oficiais e dos suplementos europeos ao título dos alumnos da USC (expediente nº 2016/CSEA1/000002) ata que tivese recaído resolución expresa do recurso formulado.

O TACRC (recurso 593-2016) na súa resolución 684 do 9.9.2016 desestimou o recurso especial en materia de contratación presentado pola empresa Signe, S.A. contra os pregos que rexen na licitación e alzou a suspensión.

Á vista do anterior, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Retomar o procedemento de contratación do servizo de expedición dos títulos oficiais e dos suplementos europeos ao título dos alumnos da USC (expediente nº 2016/CSEA1/000002).

Segundo. Comunicar, para xeral coñecemento, que se publican de novo o anexo I ao PCAP e o prego de prescricións técnicas, ambos os dous con data do 15 de setembro, no perfil do contratante da USC www.contratacion.es/contratacion

Terceiro. O prazo para a presentación de ofertas finalizará o 24 de outubro ás 14.00 horas. A apertura do sobre B terá lugar o día 3 de novembro e a do sobre C o día 17 de novembro, ambas as dúas ás 13.00 horas, en acto público a celebrar na Sala de Xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Cuarto. Ordenar a publicación da resolución do TACRC como anexo a esta resolución no perfil do contratante da USC.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015; DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela