Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 7-2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 7-2016.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada.

c) CPV: 85310000 servizos de asistencia social.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de abril de 2016.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 546.291,20 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

Lote 1:

a) Data: 1.9.2016.

b) Contratista: Amicos.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 67.496,40 € (IVE incluído).

Lote 2:

a) Data: 1.9.2016.

b) Contratista: Doralresidencias Gestión Sociosanitaria, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 194.688,00 € (IVE incluído).

Lote 3:

a) Data: 1.9.2016.

b) Contratista: Fundación San Rosendo.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 117.250,00 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social