Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de sistemas de almacenamento para a Xunta de Galicia e ampliación dos existentes, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 18/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: é o obxecto desta contratación a subministración de cabinas de disco de nivel 1 e ampliación das existentes para mellorar a calidade e prestacións das infraestruturas críticas de almacenamento de datos da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.3.2016.

DOUE: 11.3.2016.

BOE: 15.3.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.322.314,05 €.

5. Orzamento base de licitación: 1.322.314,05 €, máis 277.685,95 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.600.000,00 € (un millón seiscentos mil euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.5.2016.

b) Data de formalización do contrato: 29.6.2016.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 1.599.748,26 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia