Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015321TA-CO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 23 de xuño de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015321TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Ángel Antonio Couto Rodríguez, como titular do establecemento Locutorio El Tajín.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ángel Antonio Couto Rodríguez, como titular do establecemento Locutorio El Tajín, o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no 3º andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2015321TA-CO.

Denunciado: Ángel Antonio Couto Rodríguez, como titular do establecemento Locutorio El Tajín.

Documento de identificación: 32661421H.

Último enderezo coñecido: rúa Juan Flórez, 100, local 2, A Coruña.

Feito imputado: infracción da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).

Precepto infrinxido: artigo 3.1.

Tipificación: grave, segundo o artigo 19.3.q).

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).

Resolución: desestimatoria do recurso.