Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43320

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2016 pola que se convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, un curso de urbanismo para arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración.

De conformidade cos fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), a EGAP convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, un curso de urbanismo para arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre ambos.

1. Obxectivos.

O curso ten como obxectivo que os/as alumnos/as adquiran os coñecementos teórico-prácticos e as habilidades que os/as capaciten para actuar como profesionais ao servizo da Administración local no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de ampliar os seus coñecementos en materia de lexislación e urbanismo para todos aqueles cuxo desenvolvemento profesional se centre noutros ámbitos.

2. Contido.

O curso desenvólvese en 38 clases de 4 horas lectivas cada unha, agrupadas en 19 xornadas. Os contidos do curso son os seguintes:

– A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Obxecto, aplicación. Principios xerais. Reformas da Lei 4/1999. Dereitos dos cidadáns. Garantías no desenvolvemento do procedemento.

– Organización administrativa do urbanismo. Competencias estatais e autonómicas. A competencia municipal.

– Planificación urbanística. Natureza do plan. Tipoloxía de plans e xerarquía. Vixencia. Modificación. Revisión. Suspensión.

– Ordenación, planificación e xestión territorial. POL e DOT.

– Informes no ámbito das administracións públicas. Técnica de redacción de informes. Casos prácticos.

– Os informes técnicos de planeamento e xestión urbanística.

– Os informes técnicos de licenzas e disciplina urbanística.

– Análise territorial. Utilización de novas tecnoloxías. Información e diagnose.

– Procedemento administrativo. Iniciación. Ordenación. Instrución e finalización. Termos e prazos. Procedemento.

– Acto administrativo. Concepto, clases e elementos. Eficacia e validez. Notificación. Execución. Revisión de oficio.

– Lei orgánica de protección de datos.

– Administración electrónica.

– Contido, determinación e alcance das normas urbanísticas municipais. Obxecto, contido e alcance do planeamento de desenvolvemento.

– Persoal ao servizo da Administración local: adquisición e perda da condición de funcionario. Provisión de postos e situacións administrativas. Funcionarios de carreira. Interinos. Persoal eventual. Persoal laboral. Dereitos e deberes. Sistema de retribucións. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

– Plans de mobilidade. Plans de infraestruturas básicas de servizo.

– Recursos das facendas locais. Clasificación. Ingresos de dereito público e privado. Taxas. Contribucións especiais. Prezos públicos. Impostos municipais.

– Réxime urbanístico da propiedade do solo. O estatuto da propiedade do solo: facultades e deberes.

– Proxectos de obras na Administración municipal. Tramitación. Prego de cláusulas administrativas e de condicións técnicas. Expedientes de licitación e contratación.

– Redacción dos plans parciais: deseño urbano. Estrutura tipolóxica. Normativa urbanística. Plans de sectorización. Caso práctico.

– Redacción dos plans especiais: tipoloxía. Normativa urbanística. Caso práctico.

– Plans especiais de conxuntos históricos. Problemas asociados a bens inmobles protexidos: criterios de catalogación e de intervención. Consecuencias urbanísticas da lexislación de protección do patrimonio.

– Regras xerais de equidistribución. Áreas de repartición. Aproveitamento tipo. Polígonos de execución. Conceptos de execución. Actuacións sistemáticas e asistemáticas. O proxecto de equidistribución. Caso práctico.

– Obtención de terreos de sistemas xerais e dotacións públicas.

– Estudos de detalle. Obxecto, contido e tramitación.

– Proxectos de urbanización. Caso práctico.

– Estrutura urbana. Equipamentos. Establecemento de estándares. O espazo público urbano. Criterios de deseño.

– Sistemas de actuación.

– Lexislación sectorial I: espazos de réxime especial, rústico, costas, montes, augas.

– Lexislación sectorial II: industria, telecomunicacións, sanidade.

– A avaliación ambiental e autorizacións sectoriais en materia de ambiente.

– Valoración inmobiliaria. Réxime de valoracións. Catastro.

– Protección da legalidade urbanística. Infraccións e sancións urbanísticas.

– As licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.

– O deber de conservación e ruína. Ordes de execución.

– Normativas técnicas de observancia na licenza e comunicación previa.

– Control do proceso construtivo. Licenza de primeira ocupación.

– Licenzas: taller.

– Normativa técnica. Accesibilidade e supresión das barreiras arquitectónicas.

– Normativa técnica. Habitabilidade.

– Os informes de avaliación de edificios. IEE.

– Os informes de avaliación de edificios. IEE: taller.

– A ética na función pública e o urbanismo.

3. Prazas: 50.

4. Destinatarios.

O curso está dirixido a aqueles profesionais de perfil xurídico ou técnico que se encadren nalgunha das situacións seguintes:

4.1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

4.2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.

4.3. Ser arquitecto colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

4.4. Poderá acceder ás prazas restantes o persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que se atopen en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

Este curso valorarase con 1 punto a aqueles/as alumnos/as que fosen considerados/as aptos/as á súa finalización e, por tanto, teñan dereito ao certificado de aproveitamento, sempre que cumpran os requisitos para a aplicación do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se establecen, de acordo coas comunidades autónomas, os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de formación e perfeccionamento da Administración local, de acordo co establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994; da Resolución do 30 de novembro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se corrixen erros da Resolución do 26 de outubro de 1994, e conforme co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal (DOG núm. 52, do 16 de marzo).

5. Matrícula.

5.1. Importe.

5.1.1. O importe da matrícula é de mil cincocentos euros (1.500 euros), salvo o indicado no punto seguinte:

5.1.2. Terán un réxime bonificado e correspóndelles un importe de matrícula de mil euros (1.000 euros), a todos aqueles solicitantes que se atopen encadrados nas situacións descritas no punto 4.1 e 4.2, así como para os que, estando encadrados no punto 4.3 –arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia–, estean subscritos ao seu servizo de formación no momento da formalización da matrícula.

5.1.3. Terán un réxime bonificado e correspóndelles un importe de matrícula de mil douscentos euros (1.200 euros), aos solicitantes que se atopen encadrados no punto 4.3 –arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia– que non estean subscritos ao seu servizo de formación no momento da formalización da matrícula.

5.2. Modalidades de pagamento.

O importe anterior poderase facer efectivo na súa totalidade no momento de formalizar a matrícula ou en dous prazos:

– No caso de aboar o importe completo ao formalizar a matrícula, aplicarase unha bonificación dun 5 % sobre o importe correspondente en función do tipo de solicitante.

– No caso de optar polo pagamento fraccionado, o 60 % aboarase ao formalizar a matrícula e o 40 % restante farase efectivo entre o 15 e o 30 de xaneiro de 2017.

5.3. Prazo de inscrición e documentación requirida.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto ata o día 28 de outubro de 2016, este incluído, ou ben ata que se cubran a totalidade das prazas dispoñibles. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario que para este efecto figurará, na páxina web do COAG (http://www.coag.es), na sección do curso, que acredite o pagamento da matrícula correspondente e a documentación requirida, en cada caso, e que se relaciona no punto seguinte:

5.3.1. Se os solicitantes se encadran na situación descrita no punto 4.1 ou 4.2, deberán presentar certificación pública descritiva das funciones que desenvolva no posto de traballo, expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que presta os seus servizos.

5.3.2. Se os solicitantes se encadran na situación descrita no punto 4.4, deberán presentar orixinal ou copia debidamente cotexada da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

6. Criterios de admisión.

A orde de admisión virá determinada pola data de presentación das solicitudes.

7. Publicación da listaxe de admitidos e prazo de presentación de alegacións.

A listaxe de seleccionados publicarase na páxina web do COAG (http://www.coag.es) e no seu taboleiro de anuncios, así como na páxina web da EGAP (http://egap.xunta.gal/). O prazo para a presentación de alegacións será de tres días hábiles a partir da data da publicación, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8. Certificado de aproveitamento.

Para a superación deste curso e a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá:

– Asistir ás sesións formativas do curso. Durante o desenvolvemento deste curso levarase a cabo un control permanente de asistencia mediante os sistemas que se establezan para este efecto. Os/as alumnos/as terán que acreditar mediante a súa sinatura a asistencia a cada unha das sesións académicas e dos talleres. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, pero baixo ningún concepto poderá superar o 10 % das horas lectivas. Toda ausencia deberá ser sempre motivada e xustificada ante a EGAP. Non se expedirán certificados de asistencia sen ter superado o curso.

– Desenvolver un traballo individual que tratará sobre unha materia relacionada coa actividade obxecto do curso. A proposta do titor e do título do traballo individual deberá ser aprobada previamente polos directores do curso. O traballo será obxecto de exposición pública e será avaliado por un tribunal designado para este efecto. Se tras a exposición pública do traballo individual o tribunal considera que non ten unha calidade mínima, o/a alumno/a poderá presentar de novo o traballo unha soa vez na data que a Dirección do curso lle indique.

9. Desenvolvemento.

O curso desenvolverase no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), praza da Quintana, 3, Santiago de Compostela, entre o 17 de novembro de 2016 e o 27 de abril de 2017.

Terá unha duración de 152 horas, que se distribuirán a razón de oito horas por semana, ordinariamente os xoves, das 10.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 20.30 horas. Este horario inclúe un descanso de media hora entre cada unha das sesións de mañá e tarde. A duración do traballo individual cífrase en 48 horas, polo que no certificado final se consignarán 200 horas.

10. Modificacións e incidencias.

A EGAP e o COAG reservan para si a facultade de modificar o programa e de resolver as cuestións que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como de cancelalo (se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización).

Correspóndelle á Dirección do curso resolver as incidencias de carácter xeral que poidan producirse durante o desenvolvemento do curso.

A realización deste curso queda condicionada á formalización das matrículas, así como ao pagamento de polo menos o seu primeiro prazo, por un importe que o COAG considere suficiente para o financiamento do curso. No caso de que, por insuficiencia de matrículas, non sexa posible a realización do curso, o COAG procederá á devolución das cantidades aboadas.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública