De conformidade co disposto no artigo 59.5, en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016
Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expedientes: 15R001-131-2016, 15R001-132-2016, 15R001-133-2016, 15R001-134-2016, 15R001-135-2016, 15R001-136-2016, 15R001-137-2016, 15R001-138-2016, 15R001-139-2016, 15R001-140-2016, 15R001-141-2016, 15R001-142-2016, 15R001-143-2016, 15R001-144-2016, 15R001-145-2016, 15R001-146-2016, 15R001-147-2016, 15R001-148-2016 e 15R001-149-2016.
Interesada: Simba Producciones y Management, S.L.
CIF/NIF: B90142852.
Acto notificado: resolución de expedientes.