Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2016/1240-1).

Expediente: IN407A 2016/1240-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: novo punto fronteira en Dor.

Concello: Camariñas.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 76 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe nos pasos A/S proxectados (E/S da liña de UFD) no apoio nº 28 da liña DVL-805 (liña Allo) (expediente 27.854) e final no CMS proxectado.

– CMS prefabricado con zona UFD 3L (E/S) e zona Eléctra del Gayoso 1L+1V+1M+1L+1m (cela E/S, cela con interruptor automático con seccionador de corte en baleiro, unha cela de medida, unha cela E/S de liña e unha cela de servizos auxiliares).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña