Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade a diversas resolucións do 19 de xullo de 2016, polas que se ratifican as adaptacións dos estatutos de varias confrarías de pescadores.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, fanse públicas as resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 19 de xullo de 2016, polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Confraría de pescadores

Data da resolución de ratificación dos estatutos

Inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións

Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Pontedeume

19 de xullo de 2016

Tomo II, libro 47, Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Pontedeume, volume 1

Confraría de Pescadores Dulce Nombre de Jesús de Corme

19 de xullo de 2016

Tomo II, libro 24, Confraría de Pescadores Dulce Nombre de Jesús de Corme, volume 1

Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira de Vilaboa

19 de xullo de 2016

Tomo II, libro 61, Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira de Vilaboa, volume 1

Confraría de Pescadores San José de Cangas

19 de xullo de 2016

Tomo II, libro 17, Confraría de Pescadores San José de Cangas, volume 1

Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Corcubión

19 de xullo de 2016

Tomo II, libro 23, Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Corcubión, volume 1

Confraría de Pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo

19 de xullo de 2016

Tomo II, libro 59, Confraría de Pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo, volume 1