Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43101

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 1 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Advertidos erros na Orde do 1 de setembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 174, do 13 de setembro, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 42156, no artigo 24, onde di: «As axudas económicas reguladas nesta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.712C.481.1 por un importe de 105.000 euros e á aplicación orzamentaria 13.01.711A.481.0 por un importe de 105.000 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016», debe dicir: «As axudas económicas reguladas nesta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.712C.481.1 por un importe de 143.730 euros e á aplicación orzamentaria 13.01.711A.481.0 por un importe de 143.730 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016».