Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/45-2, 8354 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma CD 1812 Carrocerías.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

1. Reforma no CT Carrocerías en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, cunha relación de transformación de 20.000-400-230 V.

2. Rede de baixa tensión soterrada formada por tres circuítos, con orixe no CT Carrocerías e final nas RBT aéreas existentes en condutor tipo RV.

3. Rede de baixa tensión aérea formada por tres circuítos, con orixe nun apoio existente e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 125 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 29 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo