Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2016/86-2, 8395 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento do desvío da LMT Aluminio no campo de fútbol de Xove.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe no apoio proxectado nº 2 tipo C-4500/22 e final no apoio proxectado nº 4 tipo C-4500/14, cunha lonxitude de 390 metros en condutor tipo RHZ1-240.

2. LMT aérea a 20 kV con orixe nun apoio existente e final no apoio proxectado nº 2 tipo C-4500/22, cunha lonxitude de 170 metros en condutor tipo LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo