1. Encomenda de xestión dos traballos para o tratamento de lixiviados e a selaxe provisional dun vertedoiro de residuos non perigosos.
– Actividade: tratamento de lixiviados e selaxe provisional dun vertedoiro de residuos non perigosos sito en Campo Gaiosa (Cerceda).
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: desde o día 12 de agosto de 2016 ata o 19 de decembro de 2016.
– Modalidade de financiamento: as actuacións serán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.03.541D.6011, na cal existe crédito adecuado e suficiente para a dita finalidade.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2016
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio