1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
4º. Teléfono: 881 54 27 87.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 10.10.2016.
d) Número de expediente: MI-SER1-16-020.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva de medicamentos antiinfecciosos.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/14.
d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 33650000-1.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntos |
Criterios valorables de forma automática (sobre B) a) Oferta económica a) Criterios técnicos b) Criterios de servizo |
0-60 0-30 0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 22.468.684,11 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 8.024.530,04 euros. Importe total: 8.345.511,25 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do 10 de outubro de 2016.
Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 30 días contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si, ver o punto 26 da folla de especificacións.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de agosto de 2016.
12. Outras informacións: si, ver o punto 28 da folla de especificacións.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos