Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada de servizo para o apoio técnico en materia de supervisión técnica e tramitación ambiental e administrativa de proxectos na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.088.367.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: apoio técnico a Augas de Galicia en materia de supervisión técnica e tramitación ambiental e administrativa de proxectos na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S246, do 19 de decembro de 2015; Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 21 de decembro de 2015 e Boletín Oficial del Estado núm. 307, do 24 de decembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.188.095,44 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 594.047,72 euros. Importe total: 718.797,74 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 11 de agosto de 2016.

c) Contratista: UTE-Ingeniería del Noroeste, S.L. & Ambiotec, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 441.200,00 euros. Importe total: 533.852,00 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia