1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Teléfono: 988 26 93 33.
5º. Fax: 988 22 14 94.
6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.ourense.es
d) Número de expediente: 2016017165 (ref. 2426).
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obras.
b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto básico e de execución das obras de reforma do pavillón anexo do complexo dos Remedios.
c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.
d) Prazo de execución/entrega: 2 meses.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 45212290.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:
Oferta económica: ata 75 puntos.
Redución do prazo da obra: ata 25 puntos.
4. Orzamento base de licitación:
a) Valor estimado do contrato: 240.006,59 euros.
b) O tipo de licitación. Importe neto: 240.006,59 euros. IVE: 50.401,38 euros. Importe total: 290.407,97 euros.
5. Garantías exixidas:
a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 9 (documento 4) do prego de condicións.
b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 9 (documento 5) de prego de condicións.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral.
2º. Domicilio: praza Maior, número 1.
3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es
d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, número 1.
b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
c) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante.
9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 8 de setembro de 2016
Jesús Vázquez Abad
Alcalde