Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2016/33-2, 8343 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMTS, CT e RBTS Poboado de Belesar.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, consistente en anelar na LMTS existente CHA804 o CT proxectado, cunha lonxitude de 10 metros en dobre circuíto e tipo de condutor RHZ-240.

2. Centro de transformación compacto en edificio prefabricado cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no CT proxectado e final nas CXP dos clientes existentes, cunha lonxitude de 180 metros en condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo