De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouse por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 17 de agosto de 2016
O xefe territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 28.6.2016)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
ANEXO
Expediente: PES-OU-07/2016-V.
Interesado: Jaime Manuel Agudo Abilleira.
Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.
Acto adoptado: pola xefa territorial.