Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42943

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 56, do 22 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2016 (DOG nº 56, do 22 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.21.433A.770.0 e 10.21.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2016, que se recollen no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Pilpil de Limón, S.L.U.

Proxecto de sondaxe arqueolóxica valorativa previa á execución da obra de escaleira de acceso ao xardín na rúa Hortas, nº 1, Santiago de Compostela

408,10 €

10.21.433A.770.0

Ratiños, S.L.

Proxecto de sondaxes arqueolóxicas mecánicas previas á construción dun centro infantil na Capela, Ponteareas

447,58 €

10.21.433A.770.0

José Castro Facal

Proxecto de sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble nº 15 da rúa de San Pedro, Santiago de Compostela

520,30 €

10.21.433A.770.0

CMVMC de Lougares

Proxecto de prospección arqueolóxica en recuperación de circuíto de motocrós en Chan de Zudes, Monte Outeirelo, Lougares, Mondariz

4.816,10 €

10.21.433A.770.0

Manuel Taboada Muñiz

Proxecto de sondaxes arqueolóxicas nas obras de construción dunha vivenda unifamiliar en Mouromorto, lugar de Calo, Teo

2.637,80 €

10.21.433A.781.2

Mª del Carmen Docampo Cabeleiro

Proxecto de sondaxes arqueolóxicas valorativas na rúa Sebastián El Cano, nº 6, Bouzas, Vigo

208,12 €

10.21.433A.781.2

Anexo II

Solicitante

Actuación

Causas

Bertone Lareo, C.B.

Proxecto de control arqueolóxico para rehabilitación de edificio na rúa Castro, nº 8, Betanzos

Non se axusta ao artigo 5.a) da Orde do 8 de marzo de 2016 xa que a autorización do proxecto de intervención arqueolóxica é anterior ao ano 2014

Diocese de Ourense

Proxecto de control arqueolóxico no adro da igrexa de Santo Estevo de Allariz, Ourense

Segundo o establecido no artigo 2.2.b) da Orde do 8 de marzo de 2016, quedan excluídas do ámbito da dita orde as actuacións executadas en bens inmobles da Igrexa católica