Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de peixe conxelado e outros conxelados.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: casetas Administración, planta baixa. Sección de Contratación.

2º. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 59 49.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de documentación.

d) Número de expediente: MS-EIO1-16-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de peixe conxelado e outros conxelados.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: ver o epígrafe VII do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de execución/entrega: ver o número 14 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver o número 7 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: ver o número 7.1.3 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 15220000-6 e 15115100-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver o número 11 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 451.258,20 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 205.272,00 euros.

b) Importe total: 225.799,22 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional: ver o número 10 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver os números 16 e 17 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3 de outubro de 2016. Se o último día de presentación de ofertas coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ver o número 19 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o punto 11.3 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: ver o número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5º andar do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: apertura dos sobres B: publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: ver o número 26 da folla do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de agosto de 2016.

12. Outras informacións: –.

Ourense, 26 de agosto de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras