Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de devolución de ingreso (expediente RL 2010/0386-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución de devolución da cantidade de 8.195 €.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2010/0386-4.

Acta: I362010000125639.

Empresa: Voladuras y Perforaciones Mineras, S.L.

NIF: B-98098049.

Data da resolución: 7.7.2016.

Resolución: a empresa Voladuras y Perforaciones Mineras, S.L. ten dereito á devolución da cantidade de 8.195 €.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ou potestativamente recurso de reposición, de conformidade co artigo 107 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo máximo dun mes.

Vigo, 5 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo