Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de setembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176 - 3+740, de clave AC/16/053.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes.

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñen a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento da mobilidade alternativa son o uso de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 27 de maio de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o documento de Fomento da mobilidade sustentable. Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Bergantiños, onde unha das sendas propostas era un itinerario peonil e ciclista na AC-429, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na AC-429. Treito Neaño-Cabana p.q. 2+176 - 3+740, de clave: AC/16/053.06. Este proxecto ten por obxecto a execución dunha senda compartida peón-bicicleta que percorre desde o límite de Ponteceso, no río Anllóns, ata o paseo marítimo de Laxe, coa finalidade de desenvolver unha solución óptima para solucionar as necesidades apreciadas, fomentar a mobilidade sustentable e incrementar a seguranza viaria da zona.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa Consistorial de Cabana de Bergantiños (A Carballa, s/n, 15115 Cabana de Bergantiños, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: Itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176 - 3+740
Clave AC/16/053.06

Concello de Cabana de Bergantiños.

Núm.

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Propietario

Bens afectados

Superf. (m2)

Situación

Uso

1

6961501NH0876

S0001ZO 

 

 

Souto Barreira, Eulogia

3,00

Urbanizado

Sen edificar

2

6961505NH0866

S0001AT

 

 

Varela Eiroa, María Isabel

10,00

Urbanizado

Sen edificar

3

6961510NH0866

S0001YT

 

 

Blanco Fondo, María

1 cancela de aceiro

1 muro de bloque

45,00

Urbanizado

Sen edificar

4

6961509NH0866

S0001QT

 

 

Cundins Pet, María Mercedes, herdeiros de

1 muro de bloque

2 bancos de pedra

25,00

Urbanizado

Sen edificar

5

6961511NH0866

S0001GT

 

 

Méndez García, María del Carmen

27,00

Urbanizado

Sen edificar

6A

6961302NH0866

S0001XT

 

 

Castro Facal, Manuela, herdeiros de

67,00

Urbanizado

Edificado

6B

6961301NH0866

S0001DT

 

 

Castro Facal, Manuela, herdeiros de

121,00

Urbanizado

Sen edificar

7

6961202NH0866

S0001KT

 

 

Cancela Amado, Josefa

1 banco de pedra

206,00

Urbanizado

Sen edificar

8

15014A02900348

0000AF

29

348

Castro Domínguez, María e outra

123,00

Urbanizado

Sen edificar

9

15014A02900347

0000AT

29

347

Ameijenda Souto, Manuel e outra

1 muro de bloque

95,00

Urbanizado

Sen edificar

10

15014A02900346

0000AL

29

346

Ameijenda Souto, Manuel e outra

100,00

Urbanizado

Sen edificar

11

15014A02900425

0001SR

29

425

Esmorís Cancela, Ramón e outra

81,00

Urbanizado

Sen edificar

12

15014A02900345

0000AP

29

345

Esmorís Cancela, Ramón e outra

53,00

Urbanizado

Sen edificar

13

001203600NH08

F0001DI

 

 

Blanco Blanco, Carmen e outros

53,00

Urbanizado

Sen edificar

14

001202900NH08

F0001MI

 

 

Blanco Blanco, Carmen

41,00

Urbanizado

Sen edificar

15

15014A02900343

0000AG

29

343

Méndez Lema, Maximino, herdeiros de

118,00

Urbanizado

Sen edificar

16

15014A02900342

0000AY

29

342

Fariña Rama, Manuel

33,00

Rural

Labor

17

15014A02900418

0000AD

29

418

Pose Baña, Lucía e outro

11,00

Rural

Labor

18

15014A02900400

0000AH

29

400

Figueiras Lema, María Josefa

31,00

Rural

Labor

19

Non hai datos

29

190

Costa Lema, Amparo

77,00

Rural

Labor

20

15014A02900182

0000AB

29

182

Barreira Ameijenda, Evaristo

6,00

Rural

Labor

21

15014A02900179

0000AB

29

179

Figueiras Souto, Magdalena

9,00

Rural

Labor

22

15014A02900178

0000AA

29

178

Figueiras Souto, Alfredo

8,00

Rural

Labor

23

15014A02900177

0000AW

29

177

Gagino García, Jesús

9,00

Rural

Labor

24

15014A02900141

0000AS

29

141

Verdes García, Mercedes

8,00

Rural

Labor

25A

15014A02900142

0000AZ

29

142

Mourelle Pose, Isabel

1,00

Rural

Labor

25B

15014A02900142

0000AZ

29

142

Mourelle Pose, Isabel

8,00

Rural

Labor

26

15014A02900397

0000AZ

29

397

Cundins Ternade, José e outra

18,00

Urbanizado

Sen edificar

27

15014A02600606

0000AP

26

606

Villar Nogueira, Dolores Carmen

4,00

Urbanizado

Sen edificar

28

15014A02600150

0000AZ

26

150

Xunta de Galicia

1 muro de bloque

44,00

Urbanizado

Sen edificar