Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42486

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión para servizo, formalizada no mes de agosto de 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización da encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia durante o mes de agosto de 2016, para a execución do seguinte servizo:

A) Redacción de proxecto, plan de vixilancia ambiental e informe ambiental da mellora do acceso marítimo ás ramplas do porto de Noia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: redacción de proxecto, plan de vixilancia ambiental e informe ambiental da mellora do acceso marítimo ás ramplas do porto de Noia.

3. Valor estimado da encomenda.

6.192,23 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 25 de agosto de 2016.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Un (1) mes.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia