Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de agosto de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración e o servizo de mantemento do hardware e software da solución de virtualización do Centro de Procesamento de Datos, mediante procedemento aberto.

Advertido un erro na resolución do anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración e o servizo de mantemento do hardware e software da solución de virtualización do Centro de Procesamento de Datos do Parlamento de Galicia, publicada no DOG nº 168, do 5 de setembro de 2016, procédese á súa corrección:

Na páxina 39212, onde di: «c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído», debe dicir: «c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído».