Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016 pola que se corrixen erros na Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración e servizo de mantemento de material informático (ordenadores portátiles e impresoras) da X lexislatura, mediante procedemento aberto.

Advertidos erros na Resolución do anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración e servizo de mantemento de material informático (ordenadores portátiles e impresoras) da X lexislatura do Parlamento de Galicia, publicada no DOG núm. 166, do 2 de setembro de 2016, procédese á súa corrección:

– Na páxina 39069:

Onde di: «c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: prezo, de 0 a 100 puntos», debe dicir: «c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: de 0 a 100 puntos».

– Na páxina 39070:

Onde di: «c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído», debe dicir: «c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía por importe do 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído».

Onde di: «a) Descrición: dúas sesións públicas, para os sobres A e B», debe dicir: «a) Descrición: unha sesión pública, para o sobre B».

Ao teor do artigo 75 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, esta corrección de erros implica a apertura de novo prazo para a presentación de ofertas, polo tanto o novo prazo de presentación de ofertas será de 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta corrección de erros no DOG. Se o último día da presentación for festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia