Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a aplicación da casca de eucalipto como medida fronte á proliferación de cianobacterias no encoro de Caldas de Reis (Pontevedra).

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augas.cmati.xunta.es/.

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto cun criterio de adxudicación e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: 63.546,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: aplicación da casca de eucalipto como medida fronte á proliferación de cianobacterias no encoro de Caldas de Reis. Caldas de Reis (Pontevedra).

Número de expediente: OH.036.1105.

CPV (referencia de nomenclatura): 77314000-4.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 70, do 13 de abril de 2016.

Orzamento base de licitación: importe neto: 31.773,00 euros. Importe total: 38.445,33 euros.

Data de adxudicación: 15 de xuño de 2016.

Importe de adxudicación: importe neto: 26.816,41 euros. Importe total: 32.447,86 euros.

Data de formalización do contrato: 10 de agosto de 2016.

Contratista: Forestación Galicia, S.A.

3. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia