Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42387

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a asistencia técnica á construción dunha planta de clasificación de materiais e modificación da actual planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible para a clasificación de materiais contidos nos residuos urbanos (expediente NC 0016/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

2. Obxecto do contrato: servizo.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 288.000,00 euros, sen IVE.

5. Garantías exixidas:

– Provisional: non se exixe.

– Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: o 25 de outubro de 2016, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura de ofertas:

– Data e hora de apertura do sobre B: 7 de novembro de 2016, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

9. Este anuncio enviouse ao DOUE o 7 de setembro de 2016.

Cerceda, 7 de setembro de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.