Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42378

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario e contratación documentalmente simplificada, da subministración de diverso equipamento de laboratorio para realizar varios proxectos de I+D+i (expediente SUB.-2016/02).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) Dependencia que tramita o expediente: Administración.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de diverso equipamento de laboratorio para a realización de varios proxectos de I+D+i da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

c) Nomenclatura CPV: 38000000-5.

d) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, en tres (3) lotes:

Lote nº 1: equipamento para determinación de proteína.

Lote nº 2: equipamento de cromatografía gasosa acoplado a un espectrómetro de masas de tipo simple cuadrupolo (GC/MS).

Lote nº 3: equipamento de secado por aspersión (spray-dryer) a escala de laboratorio.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de entrega para cada lote será inferior a 40 días naturais e, en todo caso, anterior ao 15 de novembro do 2016 (ou prazo menor ofertado polo licitador).

f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada (documentalmente simplificada).

c) Criterios de adxudicación: segundo a letra O da folla de especificacións (automático).

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento oitenta e un mil euros (181.000 €).

b) IVE (21 %): trinta e oito mil dez euros (38.010 €).

c) Importe total con IVE: douscentos dezanove mil dez euros (219.010 €). A distribución por lotes especifícase na letra G da folla de especificacións.

d) Valor estimado do contrato: cento oitenta e un mil euros (181.000 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: para cada lote constituirase unha garantía definitiva do 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) Enderezo e localidade: avenida de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

c) Teléfono de contacto: 988 54 82 77.

d) Fax: 988 54 82 76.

e) Correo electrónico: dpto_administracion@ceteca.net

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=166&OR=166

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo os disposto nas epígrafes N e Ñ da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou día inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o Rexistro Xeral da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, sito na avenida de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado, dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío da oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante fax ou telegrama (988 54 82 76).

c) Documentación necesaria: a indicada no prego de condicións.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) Enderezo e localidade: avenida de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

c) Datas e horas: a data e a hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 6.g) deste anuncio.

10. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no Diario Oficial de Galicia será por conta dos adxudicatarios de cada lote.

San Cibrao das Viñas, 8 de setembro de 2016

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne