Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2016/470-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: retranqueo LMTS RED714 e CT Chapela-A Igrexa.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ en tres tramos:

– 145 metros; orixe: punto de acceso existente (PAE) na LMT RED714, no nó A; final: PAE no nó B.

– 31 metros; orixe: PAE no nó C; final: o mesmo unha vez que entre e saia do CT proxectado Chapela-A Igrexa.

– 33 metros: orixe: PAE no nó E; final: paso aéreo subterráneo en apoio existente da RED714.

Centro de transformación de 630 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no Camiño do Torreiro, Chapela, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra