Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, do acto de ocupación e requirimento de follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/12-1, no concello de Val do Dubra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT NEG-807 LMT NEG-803, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2015/12-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/12-1

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT NEG-807 LMT NEG-803.

Concello: Val do Dubra.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Incidencia

5

Cabadorta

Dolores Calvelo Tasende

Notificación infrutuosa

7

Cabadorta

Jesús Rodríguez Fraga

Notificación infrutuosa