Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle na parcela do CEIP San Francisco Javier.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 29 de xullo de 2016, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela do CEIP San Francisco Javier, sito na rolda de Outeiro, 70, A Coruña, redactado pola Oficina Técnica de Planeamento Municipal en xullo de 2016 (expediente 631/2015/382).

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, ou na páxina web do Concello: www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda